Nenos que medran co galego

La Voz

LUGO

A seis O conselleiro de Educación asistiu onte a entrega de premios da fase provincial do certame «Entre nós en galego», ao que se presentaron 18.730 alumnos de 121 centros

22 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Tiveron que madrugar, sobre todo os da zona da montaña, pero mereceulles a pena porque saíron do auditorio Gustavo Freire cargados do de libros, figuriñas, diplomas e ordenadores. Cando teñan que ir a Compostela á fase final representando á provincia aínda terán que levantarse antes. Pais, abós e autoridades académicas -os directores subían ó escenario cos nenos gañadores do seu centro- asistiron a un longo acto ao que tamén acudiu o conselleiro de Educación, Celso Currás . O presentador foi chamando ao escenario ós premiados, que recibiron os diplomas das mans do propio conselleiro, do delegado Jaime Santoalla ; do xefe de normalización lingüística, Fernando Vázquez ; da xefa da Inspección educativa, Maria Luz Abella e do responsable de normalización provincial, José Sánchez . O desfile de cativos parecía inesgotable pola cantidade de premios que repartiron. Os nenos que representarán a provincia na fase final son na categoría de cartel e lema: Daniel Rodríguez , de infantil do CEIP da Fonsagrada, que presentou o de Medra co galego ; Susana Carballo Santín , de Pedrafita, de segundo ciclo de primaria; Ana Reigosa García , de Alfoz, de terceiro ciclo e Juan Carlos Pérez Carregal , do Divino Mestre de Lugo, en ESO. En relato curto para alumnos de secundaria os primeiros premiados foron Ainara Méndez González , do Tino Grandío, de Guntín e Nuria Teigell , do Río Cabe, de Monforte. Na categoría de poesía para alumnos de ESO, os gañadores foron Cristina Rodríguez Andrade , de Guntín e Alicia Fernández Rodríguez , do Daviña Rei, de Monforte. En expresión dramática, na modalidade de teatro, os vencedores foron o CEIP O Salvador da Pastoriza, coa obra Lembranzas e o IES VIlar Ponte, de Viveiro, con Auto do Entroido . En de poemas os premios correspondéronlle a Kevin Estremeiro , do Quiroga Ballesteros e Estefanía Fernández , do Daniel Monje, de Navia de Suarna. Os alumnos de primaria do CEIP de Muimenta gañaron o de narración oral de contos e Tamara Raposo Ingerto , de Pedrafita, o de secundaria. O campionato O preguntoiro en ESO foi parar as mans de Laura García Blanco de Navia de Suarna e J esús Arnau Lláñez , do Perdouro, de Burela. O certame musical gañárono os alumnos do colegio Sagrado Corazón de Jesús, de Ribadeo, tanto na modalidade de infantil e primaria, como de secundaria. Por último, en revistas escolares, o San Xoán de Becerreá co título Follas revoltosas levou o premio de infantil e o IES de Quiroga, con Novakaos , o de secundaria. Trala entrega de premios houbo representación teatral e musical no auditorio Gustavo Freire. Os cativos, pola hora que era, deberon marchar con fame.