Os danos da fauna salvaxe

| MARÍA CUADRADO |

LUGO

DESDE EL ADARVE

19 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

NINGUÉN se atreve a adiantar cal sería a solución para remediar os danos que causan os animais salvaxes nas terras de cultivo. Simplemente porque ninguén sabe dela. Son demasiadas partes as que teñen que defender demasiados intereses, ben distintos, por certo. Son demasiados gandeiros os que se deben parar a pensar que durante a semana viven dos euros que dá o agro, e que a fin de semana se converten en cazadores expostos a pagar sancións millonarias. A Administración ten competencias, pero creo eu, tamén obrigas económicas e a potestade para reunir a todas as partes, recoller as súas impresións e propostas e ofrecer unha solución que as convenza. Non é tarefa fácil, pero cando menos, os que o martes acudiron a unha reunión en Santiago souberon valorar o cambio de talante: «Polo menos, agora nos preguntan». Nun mes, confiemos en que haxa novidades. Os seguros apremian.