?lumnos de primaria e secundaria de diversos centros da provincia participaron onte no instituto Lucus Augusti nunha nova fase da campaña institucional Entre nós, en galego , que promove a Dirección Xeral de Política Lingüística. Actuaron no salón de actos os rapaces do instituto lucense e o grupo de teatro co colexio de Samos, finalista provincial coa obra Lembranzas de ninguén . Os finalistas no certame de recitado de poemas foron o Lucus Augusti, o instituto Leiras Pulpeiro da capital e o colexio Manuel Monje de Navia de Suarna. Na modalidade de contacontos, os finalistas foron o colexio Uxío Novoneyra de Pedrafita, o Leiras Pulpeiro e o Lucus Augusti. Este grupos resultaron seleccionados entre un total de 91 centros de ensino da provincia.