DESDE EL ADARVE
29 mar 2004 . Actualizado a las 07:00 h.HAI TÓPICOS CONTRA os que non debe de ser doado loitar. Semella que un deles é o da Europa mediterránea, un concepto no que se inclúe a España e que leva a identificar as partes co todo. Pero hainos tamén preto de nós, porque se fala da Eurorrexión galego-portuguesa como un dos trazos que definen a Galicia actual por máis que a un lle parece ver outra identificación do todo coa parte. Non obstante, pensemos no leste. A relación de Galicia con Asturias vese na Ponte dos Santos, na xente que vive en Ribadeo e cruza a ría para ir traballar, nos asturianos que fan o camiño inverso para comprar, nos rapaces dos Oscos que estudan no instituto da Fonsagrada ou nas dúas rutas xacobeas que pasan polos dous territorios. Asturias está ao lado, pero a un dálle a impresión de que o saben mellor os cidadáns ca os políticos.