Os trens chatarra de Renfe

| XOSÉ CARREIRA |

LUGO

DESDE O ADARVE

19 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

DENTRO de pouco Renfe vai facer circular polo corredor A Coruña-Vigo novas unidades preparadas para acadar velocidades próximas ós 200 quilómetros por hora. Trátase dunha operación de simple estética da compañía ferroviaria que noutros servicios emprega o material que debería ter mandado ó desguace hai xa varios anos. Como exemplo podo citar os coches que usa a cotío no liña diúrna entre Galicia en o País Vasco. Estoutro día un deles ardeu en Ponferrada e aínda hoxe os viaxeiros están esperando explicacións ou, cando menos, desculpas. Esa empresa ferroviaria é peculiar. Só por non adiantar un cuarto de hora o seu rexional A Coruña-Monforte impide ós viaxeiros da provincia lucense poder enlazar precisamente co tren chatarra que desde a cidade do Cabe m comunica con Hendaia, Irún e Bilbao. Renfe aínda non vive no século da comunicación.