«Pode haber moitos Lodeiros, tal é a situación urbanística de Viveiro»
LUGO
Entrevista | Orlando Expósito Mariño PORTAVOZ MUNICIPAL DE EU-IU EN EL CONCELLO VIVEIRENSE O único edil de EU-IU na Mariña advirte ó goberno bipartito viveirense de que «hai que falar menos e facer máis para evitar futuras contradiccións»
14 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.Orlando Expósito afirma que nos meses de goberno da esquerda en Viveiro, por medio da alianza entre PSOE e BNG e co apoio puntual de EU, «hai outra dinámica no Concello, a xente entra e sae mais cómodamente, pero teño as miñas dúbidas de que funcione mellor. Hai que falar menos e facer máis para evitar futuras contradiccións». Pon como exemplo a polémica en torno ós fondos do plan Biodiversidad: - Está claro que foi todo unha chambonada tremenda, pero ó mellor non é tan grande o furado como se dixo, por eso, mentras non se teña a seguridade non é bo lanzarse con demasiada alegría. Pero bueno, imos dar unha marxe de confianza para saber se cambian as cousas; aínda vai pouco tempo de goberno. Na medida en que esto teña éxito a esquerda pode ter futuro na comarca, senón pode ser a súa tumba. - ¿Como son as súas relacións co goberno bipartito? - Normais. Coa maioría que había antes (PP) quería ser honesto e leal, e non entendo que antes se digan unhas cousas e agora outras. E con este goberno tamén quero ser leal, pero tamén con tódalas reservas que leve consigo. Teño máis información, ó mellor non toda. Cos outros seguro que me daban a saber só o que lles interesaba. Este goberno podería facer o mesmo, pero na medida que detecte esta anomalía o comportamento noso tamén tería que cambiar, está claro, e eles tamén o saben. O noso apoio non é incondicional, non teñen vara alta con nos. - O urbanismo está xerando moita polémica. - Os cidadáns non teñen conciencia clara de cal é a situación de Viveiro. Pode haber moitos Lodeiros, tal é a situación urbanística. E esta foi unha das preocupacións que tivo sempre EU, sempre o denunciei. Este tema había que atendelo con urxencia e estase facendo pola necesidade imperiosa de darlle para adiante por tanta ilegalidade como hai. E eu non estou dacordo co último estudio de detalle que se aprobou en Covas. Estase legalizando algo que non é correcto, e hai que dicilo.