Entrevista | Xoán Rodiño Licenciado en pedagoxía e durante bastantes anos futbolista, agora reside en Trabada dedicado exclusivamente a escribir, oficio no que está tendo éxito
12 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.Xoán Rodiño naceu hai 40 anos en Sanxenxo, pero na actualidade reside en Trabada, donde estivo traballando con varios contratos. Agora vive unha especie de periodo sabático que se pode permitir pola excepcional colleita de premios que acadou no 2003, o último recibiuno o pasado fin de semana en A Pobra do Caramiñal, donde gañou o Valle-Inclán de relato curto. -A vostede os familiares e os amigos desexaríanlle no Nadal que este ano se lle dea coma o anterior. -A verdade é que gañei unha serie de premios. Comecei co terceiro de narrativa que convoca en Cervo Airiños do Xunco, con motivo das letras galegas; tamén gañei o de cartas de amor, que convoca o Concello de Vilagarcía polo 14 de febreiro; no concello de A Veiga recibin o segundo premio na modalidade de narrativa dos concursos convocados pola asociación Trevinca; tamén gañei o segundo de poesía otorgado pola Casa de Galicia de Santander; en Rianxo gañei o premio de poesía Faustino Rey Romero , no que o ano anterior recibira unha mención, porque so conceden un, e agora entregaronme este en A Pobra. -Vostede que ten experiencia poderá confirmar se hai tantos amaños nos premios. -O dos premios é como o das primas a terceiros no fútbol, que todos din que as hai pero ninguén as viu. Pode ser que en algún concurso teñan interese en dar os premios a xente coñecida, pero eu podo dicir que, por exemplo, para saber onde está A Veiga tiven que mirar no mapa. Na maioría dos casos os xurados compóñenos persoas vinculadas á cultura e á docencia, que teñen o seu criterio sobre literatura, como todos. -A marxe da cuestión económica, ¿os premios serven para moito? -Eu espero que me valgan para que o meu nome se coñeza máis, a ver se consigo que algún editor me publique cousas. Teño uns cantos relatos escritos. No recopilatorio de contos de A Pobra xa teño un.