Cidade de semana

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE O ADARVE

13 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O COMERCIO lucense teno difícil. A competencia coas grandes áreas comerciais é forte, e máis na medida en que veñan novos centros para a provincia, como os proxectados para Duquesa de Lugo ou Vilalba. Por outra parte, os atractivos de A Coruña e Santiago, cada vez máis cerca para os conductores, son un estímulo para moitos lucenses. E cando sinalo o de atractivos, non só me refiro ós comerciais, senón tamén ós culturais e turísticos. Lugo os fines de semana quédase medio deserto. Ás veces non se sabe se é primeiro o ovo ou a galiña, pero a falta de actividades culturais os sábados e os domingos escasean, mentres en Santiago ou na Coruña hai teatro, boas películas en cartelera e concertos de calidade. Os programadores culturais en Lugo pensan na semana. Pero ollo, non só por esto os clientes deixan de mercar en Lugo, e a autocrítica entre os comerciantes debería ser ampla.