«Prestige»: un ano despois

LUIS ÁNGEL LAGO LAGE

LUGO

TRIBUNA | O |

28 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

A CATÁSTROFE do Prestige resume o desbaraxuste marítimo español actual, que diante dun novo accidente provocaría sen dúbida unha nova catástrofe de similares características á que temos vivido neste último ano en Galicia. Durante estes doce meses de crise global, o Goberno ten negado unha catástrofe, minimizando os seus efectos, manipulando a información, impedindo a investigación dos feitos e culpabilizando a todos menos ós verdadeiros culpables da catástrofe, eles mesmos. Non podemos aceptar que o sinistro do Prestige teña sido un accidente inevitable, porque a verdade é que ten sido unha grave catástrofe previsible e mal xestionada polo Goberno de Aznar e Rajoy. O Goberno reaccionou tarde, evalou mal e xestionou peor o accidente ata o extremo de convertilo nunha catástrofe. O que resulta peor todavía, porque nos sumerxe na máis terrible das inseguridades e desconfianzas, é pensar que de volver a producirse outro accidente similar, Galicia estaría na mesma situación de indefensión que hai un ano e nas mans dos mesmos irresponsables. O Prestige debería marcar un antes e un despois na política de salvamento marítimo.