TRIBUNA | O |
29 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.IMOS ver. Pois resulta que eu non son precisamente un constructor do Medievo, non son un constructor de catedrais góticas. O gótico élles a arte da construcción medieval, o xenio dos canteiros picapedreiros. A pedra era a súa arte, a súa música. Agora ben, eu teño que defender aquí, moi ben defendidos, ós constructores lugueses, que non son como di alguén: «animais», senón xente moi lúcida. Eles e non Cacharro son os que fixeron Lugo; polo tanto, nin Cacharro, nin Baltar (salvemos a Fraga), son os que fixeron a cidade que temos. ¡Arriba edificios, arriba torres! ¡Non ós irmandiños que eran os que derrubaban torres e castelos! ¡Viva a construcción moderna! Se vostedes conseguen facer de Lugo un Berlín, eu prometo, coa axuda de Deus, reconstruír tódolos pazos do país. Tres nomes de intelectuais de fóra que fixeron país galego: Eulogio Florentino Sanz, traductor de Heine e influínte en Rosalía; Melchor Fernández Almagro, estudioso de Valle Inclán que nos anos vinte acompañou ata Viveiro o cadáver de Nicomedes Pastor Díaz, e por último, Enrique Díez Canedo, acompañante tamén do príncipe do Romanticismo.