Abano de pintores lugueses

MANUEL NEIRA LÓPEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

20 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

DENOMINO orientacións ao que non é senón un abano máis ou menos amplo, máis ou menos congruente coa información artística de que dispomos que non é demasiada e que, como aficionado ou amateur que son da pintura pois non pasa do expresionismo abastracto americando que prosegure en España un moi consecuente e congruente consigo mesmo e co que debe representar a pintura española para a poñer á altura dos tempos que corren: Juan Barloja. Apenas sabemos nada de Gory, cuase nada. Desde il parte o desconcerto, o gato por lebre actual da abstracción ao meu ver. O noso coñecemento de pintura acaba no expresionismo abstracto americano. de aí o salto ás ultimísimas tendencias vai un abismo: toda a postmodernidade. Luís Pacios é un autor que amamos Suso Otero e máis eu como denigramos. Representa o paradoxo do Lugo atrasado, tanto como un Lugo moi preciso e necesario. Pacios é un mal pintor moi interesante. («Ós comedores de patacas» do flamengista Van Gogh). Desde logo non é un pintor modelo, non é un pintor consecuente cun público á altura dos tempos ou cun destinatario de amateurs. Pacios é Pacios. Un mal pintor interesante. Inferior a Xulia Minguillón. Ela é unha pintora cuase de piñón fixo: o retrato. Por último dicir que non podemos despachar dun plumazo a Blas Lourés, ao noso Brais. Trátase dun autor de interese ao que nunca se lle prestou moita atención claro que tamén íl a algo cegato. Debedor éo Seoane quen abre prá pintura galega tantas portas coma Picasso. Picasso é tan pirateador coma pouco seguido; Seoane éo ata a saciedade.