PROGRAMACIÓN | Concertos, concursos e charlas na Ulloa

La Voz

LUGO

16 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

? comarca da Ulloa acapara hoxe a maioría dos actos previstos na provincia. En Monterroso , a partir das doce, terá lugar o concurso de pintura no asfalto para nenos de 5 a 14 anos nas dependencias da cúpula. Organiza a asociación Falcatrueiros. Ás 12,30, no cemiterio de Fufín celebrarase unha ofrenda ó poeta local Lorenzo Varela; ás cinco e media, no palco, actuación musical e ás oito e media, na igrexa parroquial, concerto de corais coa actuación das de O Vicedo, Santa Uxía de Ribeira e Ecos do Ulla. Tamén en Palas teñen programa para hoxe. Ás oito do serán, charla a cargo do escritor Xerardo Quintiá e logo entrega de premios do cuarto certame de poesía e narrativa. Con posterioridade tocará a banda de música. En Láncara , ás 16.45, interpretarase o himno galego na casa de Ramón Piñeiro e logo actuarán os grupos de Meigas e Trasgos, Peleiriños e Val de Láncara.