«Estamos en contra da invasión das minicentrais»

LUGO

A Coordinadora Galega para a Defensa dos Ríos organizou un descenso polo Ulla, en contra da invasión de presas hidroeléctricas

23 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?aniel López Vispo, de Adega, é un dos encargados de organizar a baixada en rafting do sábado. As prazas son limitadas e quen o desexe poderá facer o percorrido a pé. -Reivindicamos uns ríos vivos en contra da invasión de presas hidroeléctricas que están asulagando o pouco que queda de máis valioso nos ríos de Galicia. -¿Cal é a razón de que sexa novamente no Ulla? -Unión Fenosa está a tramitar a posta en marcha dunha concesión do ano 1962 de aproveitamento do Ulla que supón a realización dunha ducia de encoros. Eran 13, pero a declaración de impacto ambiental evitou o que afectaba o Castelo de Pambre. -¿Hai moitas solicitudes de minicentrais? -Non queda un sitio que sexa aproveitable que non teña unha solicitude. Parece esaxerado e non ten xustificación. No Miño, en Lugo, hai nestes momentos tres presas solicitadas e no Narla unha que parece querer disfrazarse coma presa de abastemento ápoboación de Lugo. Galicia xa ten pagado impactos dabondo por xerar excedente de enerxía, só se fai para incrementar a conta de beneficios das grandes empresas eléctricas. -¿Cánta xente se inscribiu xa para participar no descenso? -As 120 prazas que limitan as barcas das que dispoñemos están xa case cubertas. Pero pódese baixar con calquer artefacto flotante ou en canoa. Ademais tamén ofrecemos a posibilidade de facer o mesmo percorrido a pé, polas veiras do río. É todo un espectáculo. Iremos dende a ponte de San Xusto ata a de Basebe. Un total de 13 quilómetros.