Cando o éxito é só o diñeiro

La Voz

LUGO

| O |

22 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

SEN QUERER esquecer os problemas máis importantes: o paro, os terrorismo de Estado, o racismo, a xenofobia, a probeza, a dobre moral, os simulacros, democráticos, o cárcere, etcétera, a cultura da violencia é como se está empezando a chamar este século, quizás coincidente co final dunha civilización. Outro motivo de inseguridade é temer porque nada nos manifesta hoxe que vai sustituila. A violencia non se limita ó ámbito da forza bruta, ou nin sequera á indiferencia con que se omiten os dereitos humanos en todo o mundo. Existe tamén unha violencia psicolóxica que vostede sofre, sexa ou non consciente.Tanto como a que lle produce -o saiba ou non-, unha grande dose de ansiedade e estrés: son os modelos sociais cos que nos bombardean e ós que vostede xa non se pode substraer, porque só se considera socialmente trunfador o que se exhibe ostentosamente. O uniforme da riqueza é levar na súa carteira unha baralla de tarxetas de crédito con suficientes naipes e posuír unha grande casa en propiedade, un chalé para o verán, e tamén un grande coche dos que anuncian en televisión da última fornada, e suficiente roupa que lle garanta a respectabilidade, e un mínimo consumo que lle faga entrar de vez en cando cargado de paquetes, pague ou non, porque mentres que non llo quiten e non o saiban os seus amigos e coñecidos, iso é cousa súa.Sen todo isto, vostede, amigo lugués, xa non é nada, porque na sociedade do benestar duns poucos, que inclúe a cultura da violencia para moitísimos, o éxito é sinónimo de diñeiro, e a felicidade, o consumo e un grande patrimonio privado.