Podo prometer

La Voz

LUGO

TResulta que agora o Partido Popular deuse conta do atraso que sufre Lugo. Parece coma se nunca antes entraran por calquera dos pésimos accesos que temos á cidade dende a mariña lucense ou mesmo a autovía. Parece tamén que nunca viaxaran por estrada a Santiago, Ourense ou Vigo para darse conta das múltiples curvas. E non digamos nada das estradas que cruzan a provincia, que de ser outras ó mellor si que vertebrarían o noso. Que se acorden agora do que deberan ter feito en tantos anos coma levan gobernando non debe importarnos porque xa todos sabemos que de súpeto o PP mercou a variña máxica que nos concederá ós lucenses todos os desexos. Non sei onde a mercarían, pero en calquera caso espero que funcione. Mentres tanto que tal si, por iso de ir probándoa, alguén da a orden de que dunha vez se acaben de pintar os tramos reparados xa fai meses da estrada que une Lugo con Sarria. Polo visto ninguén se acorda das pobres liñas brancas malia o servicio que fan en días de néboa ou choiva. Claro, como todos somos a falar do AVE en tres horas, das autovías polo norte, centro e sur... E por qué non tamén un aeroporto, pregunto eu. redac.lugo@lavoz.es