Un plan a longo prazo

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

LA TRIBUNA

06 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Segundo CC. OO. de Lugo, a situación que vive a Renfe é máis que alarmante. Á reducción de postos de traballo, á perda de competitividade polo aumento de prezos e un pésimo servicio, hai que sumarlle tamén que a nosa provincia sexa a gran olvidada nos futuros plans ferroviarios. O goberno do PP trazou un plan a longo prazo para facer chegar o tren de velocidade alta a Ourense, Vigo, Santiago e Coruña. Bravo, pero e Lugo qué. De nós nada se dixo, só que estaban facendo estudios informativos.. Ou sexa que non hai nada. E de habelo, teremos que esperar, pois si está previsto que o corredor antes dito remate alá polo ano 2008-10, imaxínense o que nos queda a nós. Afirmaba CC. OO. que o tren xa só se detén en cinco estacións na nosa provincia, e que no treito entre Lugo e Monforte, só en Sarria. Claro, así non esperará o Ministerio que haxa viaxeiros pois sae case mellor volver ós tempos de motar a cabalo ou en mula. Si, non se rían que mentres outras partes de España e Galicia vanse equiparando ó nivel europeo, nós aínda estamos a velas vir. Pregunta: ¿Non teñen nada que dicir os nosos empresarios ou é que están de acordo con todo esto?