«Non se pode frustrar a ilusión que creou a folga»

LUGO

A CIG convocou unha manifestación contra o «decretazo» para hoxe, ás 8 da tarde, que sairá da casa sindical e rematará na praza da Soedade

01 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

O sindicato nacionalista convocou a manifestación de hoxe en solitario, pese a que a folga do 20-J acudiu con CC. OO. e a UGT. Tamén é o prolegómeno da folga convocada no ensino contra a Lei de Calidade, que será novamente conxunta. -¿Por que convoca a CIG a manifestación? -Como día de loita nacional contra o «decretazo» e para intentar dar continuidade o 20 de xuño. Consideramos que é fundamental parar o «decretazo», como único medio de parar tamén as reformas que veñen encima. Ademais non se pode frustrar a ilusión que creou a folga nos traballadores. -¿Como é que a fan en solitario -É unha lástima que teña que ser así. Pero danos a impresión de que o sindicalismo español está intentando negociar algunha maquillaxe, e parece que non quere molestar en exceso nin ó Goberno, nin a patronal, sobre todo agora que estamos en plenas eleccións sindicais. -¿Por que a CIG non participa na que convocaron UGT e CC. OO. para o día 5 en Madrid? -Estabamos dispostos a ir a Madrid, sempre que esta mobilización fora acompañada doutras. Nós propoñíamos outra folga xeral para final de ano. -Hai entón diferencias na estratexia -Nos vimos defendendo que a única forma de parar todo isto é a movilización. -¿A CIG vai seguir en solitario como nesta ocasión? -Non hai malas relacións co resto dos sindicatos, sobre todo coa UGT. Estamos dispostos a ir con eles sempre que coincidamos, e un exemplo é a folga contra a Lei de Calidade do 29 deste mes.