Nervios electorais

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

16 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

PARECE QUE coa proximidade da cita electoral e a chegada desde Santiago de Manuela López Besteiro, os edís que nos gobernan no Concello póñense nerviosos, e comezan a pensar máis en clave de precampaña que en solucionar os problemas dos lucenses. Os partidos que forman a coalición comezan a posicionarse sobre temas que eu calificaría de virtuais. Rifan, se se pode dicir así, sobre a ubicación dun museo da romanización cando están por rematar e decidir obras que durante os últimos cinco anos non paran de dar titulares, pero nada de realidades. ¿Banco de España? ¿O Carme? ¿Campo Castelo? Por falta de apoios e de iniciativa da Xunta ou do Goberno central, ou por diferencias de criterios no Concello, Lugo non ten o museo arqueolóxico de San Roque, o auditorio, a rehabilitación dos restos do Vicerrectorado, unha nova ponte sobre o Miño, etcétera. Que chegarán. Si. ¿Pero cando?