Premios en Taboada que axudan a superar crises

La Voz

TABOADA

Nuria Fente, secretaria da asociación de comerciantes de Taboada, na entrega dun dos premios repartidos por comercios locais nos últimos meses
Nuria Fente, secretaria da asociación de comerciantes de Taboada, na entrega dun dos premios repartidos por comercios locais nos últimos meses

O comercio local taboadés repartiu nos últimos meses tarxetas de compra por valor de 800 euros entre os seus clientes

17 feb 2021 . Actualizado a las 18:22 h.

A actual directiva da Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (Acimta) tomou posesión dos seus cargos o 10 de xullo do ano pasado, coa pandemia e as súas consecuencias xa instalados entre nós. A súa presidenta, Tamara Castro, admite que nestas condicións "a tarefa de dinamizar o tecido empresarial do municipio tornouse nunha batalla de dificultosa libranza". As campañas tendentes a fidelizar a fidelidade do consumidor local no seu comercio foronlles de axuda neste traballo. Nos últimos seis meses, os comercios locais repartiron 800 euros en premios tarxetas regalo.

Nestes últimos meses foron en total catro premios. O primeiro chegou o pasado mes de outubro, cando a zapatería Alea, entregou unha tarxeta de 150 euros na campaña de Días Azuis do Comercio Galego, na súa edición de setembro. A comezos do mes de decembro repartíronse outros 150 euros nunha tarxeta regalo na Carnicería Antonio, tamén dentro da campaña dos Días azuis do Comecio Galego, pero na súa edición de novembro. Xa dentro do ano 2021, o comercio taboadés deu dous agasallos máis, esta vez dentro dos premios da campaña “Este Nadal, o comercio de Lugo máis preto de ti”. Foron unha tarxeta regalo de 300 euros na tenda Caprichos Moda y Complementos e outra de 200 euros de novo na Zapatería Alea.

"Estes 800 euros en premios durante os últimos seis meses sen dúbida constitúen razóns de peso para apostar polo comercio de cercanía e mercar en Taboada", apunta en nome da directiva a presidenta da asociación, Tamara Castro. Acimta participou nas campañas promocionais que fixeron posible o reparto destes premios a consumidores en Taboada grazas á súa reintegración na Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a súas colaboracións coa Federación Galega de Comercio.