Quiroga nomeará filla adoptiva á escritora Celia Díaz Núñez

O acto celebrarase en coincidencia co próximo Día das Letras Galegas


Coincidindo coa celebración do próximo Día das Letras Galegas, o Concello de Quiroga nomeará filla adoptiva do municipio á escritora Celia Díaz Núñez, que vive e traballa en Ourense como profesora de ensino secundario. O acto celebrarase no salón de sesións da casa consistorial ás 13.00 horas do 17 de maio. Natural do Páramo, Celia Díaz trasladouse na súa infancia a Quiroga, de onde procede a súa familia materna. Varias obras da autora están ambientadas na comarca quiroguesa, como as novelas A boca do monte, publicada no 2016, e Rugando, aparecida no 2012. En 1995 publicou o ensaio Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores. A súa obra máis recente é a novela Unha verdade amarga, publicada o pasado ano. A escritora foi galardoada cos premios Pura e Dora Vázquez -en dúas ocasións- polas obras Adeliña e Rugando, e gañou ademais o premio de textos teatrais Barriga Verde pola peza Cataventos e Cía.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Quiroga nomeará filla adoptiva á escritora Celia Díaz Núñez