FOGONAZO | O |
10 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.HAI países en Europa nos que non se apagan as luces cada vez que hai unha tormenta. Hai países nos que as redes de sumidoiros non se atascan cada vez que chove con certa forza. Pero Monforte, está claro, non está situado en ningún deses países. E así, cada vez que hai unha tormenta importante se repite o mesmo espectáculo: media cidade ás escuras e os sumidoiros a rebordar.