FOGONAZO | O |
04 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.PARECE que foi todo un éxito o concerto organizado polos hostaleiros da rúa Duquesa e o Concello de Monforte para animar á xente a saír antes a tomar as copas, tanto que xa se está pensando en organizar outro. O éxito de asistencia, con todo, non fixo que se cumprise por agora o obxectivo final dos promotores da iniciativa: conseguir que a xente se retire un pouco antes a dormir. Despois de asistir ao concerto, a rúa seguiu abarrotada ata ás seis e pico da madrugada, o mesmo que sucedía habitualmente. Se cadra haberá que ter paciencia, porque é evidente que unha transformación social tan trascendental e de tal calibre non se pode conseguir nun día. Ao mellor tamén habería que convencer á xente para que saia antes a tomar os viños de pola tarde, para o cal tamén habería que comer antes, levantarse antes, etcétera. Pero con isto hai que ter coidado, porque se nos excedemos podemos acabar parecéndonos aos sosos e aburridos europeos do norte.