Unha xornada de cociña con viño abrirá hoxe o programa do Mes do Amandi

monforte / la voz

LEMOS

26 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Marco Varela, chef do hotel Palacio de Sober, impartirá hoxe no colexio público Virxe do Carme un cursiño de cociña con viño de Amandi dirixido aos cociñeiros dos restaurantes e casas de turismo rural do municipio. A actividade comezará ás tres e media da tarde e terminará en torno ás seis e media.

Este obradoiro culinario abrirá o programa de actividades do chamado Mes do Amandi, organizado polo Concello de Sober para promocionar a coñecida feria vinícola local, que se celebrará entre os días 23 e 24 do mes próximo.