El Festival do Castro se celebrará el 18 de agosto y contará con cuatro grupos de rock y dos de los mejores djs gallegos
24 jul 2012 . Actualizado a las 07:00 h.ROI LÓPEZ pRESIDENTE DA ASOCIACIÓN CULTURAL O CASTRO
A cargo de Grupos de rock, folk, reggae o punk como Ataque Escampe, Balakandra
Skarallaos y La Troba Kung Fú. Para finalizar pincharán música dos djs gallegos.
El programa comenzará a las 11:00 horas con la apertura de una fería de artesanía.Sobre las 14:00 horas tendrá lugar el Xantar Popular.
Roi López, presidente da asociación cultural O Castro dá un adianto sobre a séptima edición do Festival do Castro que se celebrará o próximo 18 de agosto en Pantón.
-¿Está todo listo para a nova edición do festival?
-Si, o programa está pechado. Faltan uns pequenos detalles pero xa está case todo listo.
-¿Contan co mesmo presuposto que o ano pasado?
-Non. Contamos con menos recursos. Temos axudas da Deputación e do Concello pero botamos en falta as aportacións da Xunta. Non obstante, buscamos outras alternativas.
-¿Algunha diferenza na programación en relación á pasada edición?
-Non. Procuramos manter as mesmas actividades e espectáculos que outros anos porque se non a xente perdería todo o interese por vir o festival. Ademáis, dada a situación na que nos atopamos, os músicos colaboran máis e facilítannos as cousas e iso é de agradecer. Polo tanto continuamos tendo catro grupos musicais, un dj, actividades, así como espectáculos para todos os públicos, e por suposto, unha comida popular.
-¿Obtiveron bos resultados no 2011?
-Si, houbo moita xente. Este ano a ver se ten o mesmo éxito. Esperemos que si.
-¿De onde procede a maioría do público que asiste?
-Sobre todo de Lugo, Ourense e por suposto, da comarca de Lemos. Non obstante, tamén ven xente do resto de Galicia.
-¿Como o promocionan?
-A través das redes sociais, de notas de prensa nos medios de comunicación e da cartelería que pegamos por toda Galicia.
-¿Encargánse do diseño dos carteis?
-Sí. Facemos todo nós, como por exemplo o diseño das camisetas, a solicitude de patrocinadores, as pegadas dos carteis...
-É bastante traballo, ¿Cantos membros son na asociación?
-Traballando habitualmente entre 20 e 25 socios pero agora cando se aproxima o festival necesitamos reforzos e en total nos xuntamos sobre 50 persoas.
-¿Como animaría a ir á xente que non coñece o festival?
-Ademais de concertos, hai unha gran variedade de actividades para toda a familia.Toda a xente que veu ata agora, repetiu. Iso dío todo.