Preocupación por unha obra paralizada e inundada no centro de Taboada

chantada / la voz

LEMOS

O Concello de Taboada confía en que a semana próxima se reanuden as obras de construción dun edificio de vivendas no solar do antigo teatro local, paralizadas desde hai cerca de catro meses. Durante este tempo, o terreo encheuse de auga , debido á existencia dun manancial no subsolo. Esta circunstancia provocou malestar entre os veciños da zona, algúns dos cales temían que o sitio chegase a convertirse nun foco de infección.

O alcalde, Ramiro Moure, sinala que o parón das obras se debeu ao falecemento dun copropietario da empresa que executa o proxecto. «Os herdeiros e o outro propietario xa chegaron a un acordo e confirmaron ao Concello que as obras va continuar dentro de poucos días», afirma. En canto á auga acumulada na finca, o alcalde di que non suporá maiores problemas. «A auga sacarase cunha bomba e as obras poderán seguir con normalidade», engade.