08 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
A reforma do miradoiro foi deseñada pola arquitecta Isabel Aguirre dentro dun proxecto sobre a paisaxe tradicional desenvolvido no ano 2007 polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). A iniciativa comprendeu unha exposición sobre a Ribeira Sacra na que participaron artistas de varios países, pero a reconstrución do miradoiro non puido levarse entón a cabo por falta de apoio institucional.