Un dos cinco asentamentos da provincia considerados visitables

La Voz

LEMOS

O castro de Torre é un dos cinco lugares da provincia de Lugo incluídos pola Consellería de Cultura nunha guía de asentamentos castrexos que están en condicións de ser visitados. Os outros son os de Viladonga (Castro de Rei), Santa María (Cervantes), Zoñán (Mondoñedo) e Fazouro (Foz).

A zona conta non obstante cun patrimonio castrexo particularmente abundante. O arqueólogo Xabier Moure catalogou un total de 194 castros entre as comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada, unha cifra que se eleva a 293 se se inclúen tamén os que se conservan na comarca de Sarria.