Entrevista | José Tomé
22 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.José Tomé repite por segunda vez consecutiva aos seus 48 anos como candidato á alcaldía de Monforte polo PSOE. Logo de catro anos de coalición co BNG, o seu obxectivo é a alcaldía. -Satisfeito destes 4 anos de goberno de coalición? -Si. Creo que foi positivo para Monforte, aínda que todo se poida mellorar. -A precampaña estivo chea de tensión entre PSOE e BNG. Pero a campaña resultou máis tranquila. -Non creo que se poida falar de tensión. Houbo cousas puntuais, igual debidos á falta de comunidación. Non ten máis importancia. A campaña procurei facela limpa, clara e transparente, trasladando propostas e sen falar dos demáis, nin dos socios nin dos non socios. -¿Non tería que ver neste apaciguamento a perspectiva de ter que pactar outra vez? -Hoxe por hoxe o PSOE opta a gañar e a gobernar en solitario. Por equipo, propostas, proxecto e a posibilidade de cumprilo, a mellor opción sen dúbida é a do PSOE. Porque hai un respaldo político detrás da Goberno de España e da Xunta, expresado sobre o terreo polo ministro Sevilla e por Touriño. Se alguén pode hoxe facer algo por Monforte é o PSOE. Os cidadáns isto vano valorar e van ver quen ten posibilidade real de facer cousas. Porque vontade supoño que teñen todos, outra cousa é posibilidades. -Esa mensaxe parécese moito á que usaba en tempos o PP en Monforte. -Sempre será así, goberne quen goberne. Quen ten padriño bautízase. Dito doutro xeito, non fai as cousas quen quere senón quen pode. Para as cuestións domésticas un Concello ten autonomía, pero para proxectos de envergadura cómpren apoios externos. O Concello de Monforte nunca podería facer unha autovía a Ponferrada, que por certo fomos os únicos que a propuxemos hai catro anos. Tampouco o porto seco, ou a estrada a Castro Caldelas, ou o corredor Nadela-Monforte. Se hai sintonía é máis fácil todo. Iso non quere dicir que ninguén che regale nada, pero se aparte da sintonía política, tamén a hai persoal, axuda moito. Cando Pepe Blanco empezaba eu era secretario de UGT e deixáballe o local do sindicato para que falase con certa xente. Igual que con Ricardo Varela. -Aclárenos a dúbida. ¿Seguirá vostede sendo concelleiro sexan cales sexan os resultados? -Esas dúbidas sembranas personas interesadas, non lonxanas da xente do goberno, para tratar de debilitarme e que non me voten. Pero é unha falsidade. Ser alcalde é incompatible con ser diputado. Cesaría ao ser elexido alcalde. Primeiro Monforte, como levo demostrado estes catro anos nos que logrei cousas importantes en infraestruturas e en empresas. -Todos os partidos teñen o emprego como prioridade. ¿Non queda iso moi lonxe do alcance dun Concello? -Niso houbo quen nos copiou o programa. Somos nós os que levamos tres anos negociando con Tradisa e Pacadar e os que primeiro fixemos un programa baseado nas infraestruturas e no emprego e as novas empresas. Un Concello non ten competencias en temas de emprego, pero pode xestionar. Eu fun patrono do Forcem e teño unha relación moi directa coa cúpula sindical e patronal española. Iso dame unhas posibilidades que outros non teñen. Ademáis, cando se goberna en España sempre se ten máis aceso a grupos económicos. Este é un bon momento de votar útil para que Monforte empece a cambiar o pesimismo por un optimismo moderado.