Orozco de Abel Vilela

BRANCO SOBRE NEGRO | O |


PARA A praza de Cronista Oficial de Lugo, o alcalde, en alarde democrático, solicitou propostas das asociacións culturais e formou unha comisión presidida polo titular da Real Academia Galega que seleccionou e votou uns nomes, pero o resultado non parece ser do seu gosto.Adolfo de Abel Vilela, pola súa cor política; Felipe Arias, agora Director Xeral de Patrimonio, por promocionalo o BNG... E eu, que xa lle dixen o que podía facer co cargo: Darllo a Felipe ou a Adolfo. A pataca quente quéimalle nas mans a López Orozco. Pediu o cese de Felipe Arias e non creo que fose para unha total dedicación ás «crónicas», senón porque teña caído en desgracia na cúpula do Concello. Queda Adolfo de Abel Vilela. ¡Veña, home, noméao dunha vez antes de que calquera incidente che invalide tamén este «candidato» elixido democraticamente nunha convocatoria que ninguén no seu sano xuízo houbera efectuado! Para estas cousas, hai que mollarse. Pode soar raro que de tres candidatos obtidos nun delirante proceso de selección, un pida que nomeen a un dos outros dous elixidos. Pero ao despropósito da convocatoria non pode unirse unha penosa dilación acobillada en sospeitoso silencio.redac.lugo@lavoz.es

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Orozco de Abel Vilela