FOGONAZO | O |

16 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

A SEGUNDA cidade de Rumanía chámase Brasov. Está no medio das montañas dos Cárpatos, un dos últimos reductos de vida salvaxe en Europa, no que viven as máis grandes poboacións de osos e lobos do continente. Hai tantos osos que non é raro velos fozar nos contedores de lixo do extrarradio da cidade, unha urbe de 400.000 habitantes. Unha axencia local de turismo utiliza incluso esta frase como reclamo: «En Brasov, se vostede ve un can, pode ser un lobo». Imaxínense entón o xogo que pode dar un episodio tan insólito coma o da loba de Carude. A lástima foi que non pasase en Chantada, concello peculiar, no que o intento de retirar un dos tres lobos que figuran no escudo oficial provocou unha crise política. ¿Recordan?