TRIBUNA | O |
06 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.QUERO FELICITAR de forma sinceira tanto ao BNG como ao PSOE polos resultados das últimas elecións autonómicas. En especial, aos diputados Ricardo Varela, Ismael Rego e José Tomé e Fernando Blanco, aos que considero amigos, e por suposto ao novo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Tamén quero pedirlles aos partidos que integran o novo Goberno que traballen coa mesma ilusión con que os votantes depositamos as papeletasnas furnas para que Galicia rompa con ese pasado tan sumiso e poidamos gozar da vosa man dun futuro con ilusións e oprtunidades para todos. Non fagades como os das dereitas, cos que só teñen dereiro ás mesmas os que pensan coma eles. Quérovos pedir que non vos olvidedes de Sarria e do sur da provincia de Lugo en xeral. Como sabedes ben é unha zona moi discriminada e sempre estamos á cola de todo: a poboación é a máis avellentada (os novos foxen porque non hai traballo); ás empresas non lles interesa instalarse porque non teñen boas comunicacións (hoxe polo menos podemos ir a Ourense por unha estrada digna gracias ao presidente Laxe, senón aínda teriamos que ir polas corredoiras dos Peares)... Agora é o momento de cumprir o compromiso adquirido polos dous partidos que integran o novo Goberno da Xunta: que a austovía sexa unha autovía de verdade e que como tal chegue ata Monforte, que se constrúa por tramos e non por fases, xa que esta é a maneira de que acabe sendo unha autovía de verdade. Estou convencido do cumprimento do compromiso connosco e por iso volo quero agradecer anticipadamente. Para rematar, quixera dicirlles aos membros da plataforma Autovía si e agora que no caso de que o próximo Goberno da Xunta non cumpra o compromiso adquirido, espero que sigan saíndo á rúa para que a autovía sexa unha realidade.