LA TRIBUNA | O |
05 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h."ADIÓS RÍOS; adios, fontes; adios, regatos pequenos...". Non, non é unha homenaxe a Rosalía de Castro, é o lamento do pobo de Manán. Este mes estamos de aniversario. Fai un ano que a Queixería sarriana empezou a botarnos residuos encima da nosa fonte (que abastecía a traída do pobo), dos nosos manantiais, dos nosos regatos. Hoxe temos todo contaminado. E seguimos coma hai un ano. Ninguén nos fixo caso. Seguen botando residuos (agora fano pola noite para haber si non nos damos conta), e estamos sen auga. "Miña terra, miña terra, terra donde eu me criei..." están acabando contigo e os culpables seguen impunes. ¡Que importa que un pobo pase sede, que importa que nos contaminen os nosos pozos e regatos¡ Este venres volveron a visitarnos Seprona e a Policia Local. Xa parecen unhos veciños máis de todalas veces que teñen vido. "Pinares que move o vento..." Xa nin eso, xa que os pinos que rodean a fábrica están secos gracias os residuos. E dinnos que a auga é potable, pois dende aquí facemos un chamamento a esas persoas, a que veñan beber a nosa auga enriquecida con productos lácteos diante dos nosos ollos. "E nunca tan torpe idea, tan criminal pensamento coupo en máis fatuas cabezas nin en máis fatuos sentimentos". Así mesmo, facemos un chamamento os pobos do val de Sarria, xa que os regatos corren para abaixo, e eses regatos levan os productos tóxicos que están a botar. A Veiga, Celtigos... preparadevos que dentro dunhos anos non vades poder beber a vosa auga tampouco. "¡Adios por sempre quizais¡... Xa que según entendidos no tema, a nosa fonte queda inactiva durante polo menos dez anos, se non se lle votase nada mais. Meus queridos veciños, ¿Feliz aniversario? "Solo pezoñosas charcas detidas no ardente suelo ..."