Crónica | Alcumes sarriaos O listado de consumidores da Eléctrica Sarriana de 1915 permítenos coñecer a maior parte dos alcumes que estiveron en vigor, algúns aínda siguen, ata 1936
04 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.Sexan procedentes do lugar de nacemento, de características persoais ou de defectos, con maior ou menor sentido do humor, ou maior ou menor crueldade, os alcumes formaron parte da vida cotián de vilas e aldeas, e serviron para coñecer e individualizar a identidade das persoas e das familias, nun pequeno mundo onde a abundancia de Manueles, Pedros e Xosés, ou a reiteración de apelidos -en Sarria o López esta xeralizado, facían necesaria unha marca de identidade. Había quen tomaba o alcume coma unha ofensa, e quen o tomaba con sentido do humor. Había alcumes de uso xeralizado fora da presencia do interesado e outros que se tomaban sen xenreira «chámannos Papafigos e non nos parece mal, aínda que a casa lle chamen a de Riba». Os alcumes pasan a peneira dos séculos e mesmo son obxecto de herdo por parte de novas familias, só polo feito de casamentos ou de compara de casas ou de negocios. En Sarria veñen desde o século XVIII os Ferreiró, Reboiro, Cuco, Celeiro, Costa, Moreno, Florido, Capón e Colomo, que serían hoxe as familias de máis lonxanas raigames aínda a vivir na vila. O listado de consumidores de electricidade da Eléctrica Sarriana, datado en 1915-17, permítenos coñecer a maior parte dos alcumes que estiveron vivos, a algúns aínda seguen en herdo, ata 1936. Son estes: Andión, Andurna, Don Antonio dos Coches, Antonio de Lóuzara, Antonio dos Periódicos, Antonio dos Zocos, Arnago, Badiola, Balsa, Barbeira, Barbeiro, Barrido, Barrio, Batallón, Bermello, Bocacha, Bosqueiro, Burgalesa, Cabada, Cabeza pelada, Caldereiros do Páramo, Campo da feira, Cantineira, Capón, Carballeira, Carballos, Torotos, Carmen das Casetas, Carreras, Carrozas, Castellana, Catuta, Ciguñeira, Cochero, Comercio Novo, Confiteiro, Cornapecha, Costa, Crisóstomo, Chafarote, Chino, Cholda, Choqueiro, Churrero, Dios, Eduardo de Barreiros, Escaleira, Escribano, Eugenio da Veiga, Fernando Electricista, Ferrador de Alfonsín, Ferreiro de Riocabo, Fidalgo, Ferreiro, Foles, Fonas, Forneiro, Fragua de Rodil, Franca, Galleteiro, Guardagujas, Guillade, Hortelano, Juan de Manán, Lagos, Lapío, Lourenza, Mallorquín, Manuel do Café, María da Pedreira, Mariposa, Mariposo, Melle, Micaelo, Miralde, Monfortino, Mordeorellas, Paco da Fonda, Paco Sampedro, Pallares, Panadeiro, Pantusa, Patas Torcidas, Pedredas, Don Pedro da Botica, Pedro da Costa, Pedro Chico, Pedro Rubín, Padro do Toleiro, Pedro dos Zocos, Pedrones, Pepe Díaz, Pepe de Dios, Pepe de Macía, Pepe de Orden, Pepe da Ponte, Pepe do Rexistro, Pepe Sanmamede, Pernas de Chanteiro, Petrita, Pica, Pontevedra, Prieto, Prieto Canteiro, Pulpeiro, Ramón de Martínez, Ramona dos Ferreiros, Rego, Requetrún, Rodil, Roivás, Rosa do Carro, Rosendo da Casilla, Rosquilleira, Roto, Roxa, Santalla, Sacristán, Serafín da Botica, Serrador, Severo de Evaristo, Teixeiro, Tirana, Tomás do Forno, Torera, Trebolle, Tres Pelos, Tropas, Vaquera, Vento, Vilaesteva, Vilarexo, Vilaro, Carpinteiro, Xaboneira, Zaera, Xardineiro de do Venancio, Xastre Mariposo, Xastre da Pedreira, Xastre da ponte, Xastre do Roxo, Zapateiro, Zoqueiro, Zorro... É ben seguro que quedarán moitos outros no tinteiro e que engadindo os posteriores a 1936 pódese facer unha curiosa relación, na que aflorará o sentido do humor duns, o mal fígado de outros, e a paciencia dos máis. Non coñecemos ningún traballo publicado encol dos alcumes sarriaos, e con esta primeira entrega iníciase algo que debe ser obxecto de máis profunda investigación, pois os alcumes amosan a creatividade popular.