Blaugrana al vent

ANDRÉS PAVÓN

LEMOS

TRIBUNA | O |

04 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

NON É FÁCIL ser do Barça en Chantada. Nin en Galicia,. Por cada un dos nosos hai dez do Madrid, cinco do Deportivo, cinco que din que son do Deportivo pero son do Madrid e cinco que son do Deportivo ou do Madrid según lles vaia a cada un deses equipos. Tamén hai moita xente do Celta, pero a eles considerámolos como irmáns. Deste xeito, sempre estamos en minoría en calquera bar (a excepción da cafetería Mocambo) cando saímos da casa para ver o fútbol. A maiores, temos que aguantar todo tipo de calificativos: polacos, catalinos, renegados, hinchas dun equipo que non é español... Este ano o Barça está sendo o mellor equipo. Gañará, perderá ou empatará pero sembre sae polo partido e sempre deixa detalles de calidade. Despois de cinco anos de decepcións e cabreos podémonos sentar diante da pantalla sabendo que o espectáculo vai pagar a pena. Certamente foron anos moi duros: a traición de «Xudas Figo», a non consecución de títulos; o máis doloroso, para min, foi ver como algúns barcelonistas de toda a vida renegaban a pasábanse ao Celta. Aínda non gañamos nada, e quizá non o gañemos, pero o xogo do noso equipo deunos noites de gozo. Iso por non falar do bonito que é ver a todo o madridismo e o deportivismo comendo as unllas frente ao televisor cando xoga o Barça. Mes que un club.