As comunicacións do século XXI

| XOSÉ CARREIRA |

LEMOS

DESDE EL ADARVE

06 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

NAMENTRES un amplo sector da sociedade galega debate sobre do tren de alta velocidade e as autoestradas, cóntolles como están a ser as comunicacións entre Lugo e o País Vasco neste século XXI. O primeiro exemplo corresponde ao traxecto do pasado sábado do tren rápido (segundo Renfe) que une Irún e Bilbao con Vigo e A Coruña. Tempo de duración da viaxe dende a primeira cidade ata Monforte de Lemos, 7,23 horas. Atraso acumulado: 58 minutos. O material rodante utilizado pola empresa era semellante ao de hai 20 anos. Algúns viaxeiros tiveron sorte e foron en coches con video, pero non funcionaba. Non vaian pensar que elixindo o autobús a cousa mellora. Diso nada. O percorrido entre Vilalba e Irún, por exemplo, ten unha duración estimada de 11,30 horas. Estas son, apreciados lectores, as comunicacións do século XXI.