LA TRIBUNA | O |
19 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.NA CRISE institucional, provocada por un caso claro de transfuguismo, que vive o concello de Sarria hai gañadores e perdedores. Hai quen pretende manter un discurso "democrático" simulando non participar no goberno municipal e aproveitarse da maioría que lle proporciona e preparar ó actual e virtual alcalde, o verdadeiro é o senador Rodríguez, para se-lo candidato popular no 2007. Como quen non sabe non contesta, o PP conseguiu gobernar, perdendo as eleccións e violentando a vontade da maioría. Así traiciona o pacto, firmado por Rajoy, que impide a utilización de tránsfugas para constituir, manter ou cambear maiorías nas institucións. Pola actuación, naide o diría e menos eu que teño coincidido en debates con Isabel Caldas, dunha tránsfuga do BNG, que cruzou a liña da máis indigna corrupción política, a das ideas e ideais, o senador Rodríguez e o seu partido recobraron o poder, que non a autoridade porque eso é outro cantar. En Sarria os populares apuntaronse un tanto indigno e corrupto para compensar o descalabro electoral das huestes de Cacharro en Lugo, Viveiro, Ribadeo, Guitiriz ou Monforte. A costa da bondade e debilidade dun sistema democrático, en virtud dun todo vale en política, xa valía para o señor Cacharro, agora tamén para o señor Barreiro. En Sarria perdeu a democracia.