Mentiras

La Voz

LEMOS

TRIBUNA | O |

16 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

FERNANDO FALCÓN QUERO SAÍR ó paso das mentiras ditas por Nazario Pin nos medios de comunicación sobre os contratos feitos polo Concello a algún cidadán e a mín personalmente. Nazario, o posto de traballo que eu ocupo foi obtido a través dunha oferta pública de traballo feita polo Concello e o INEM e á cal presentámonos varios. E eu precisamente tiña o mellor currículum, tal e como publicaron no seu momento algúns medios de comunicación. Traicionouche o teu subconsciente porque ¿cantas prazas de traballo ofreciches ti a dedo? Curiosa maneira de entender o mercado laboral. Eu rétoche a que demostres nalgún medio que é certo o que dis. Mintes descaradamente o cal fai que me sigas parecendo patético. Cando eu estudiaba o bacharelato o profesor de ximnasia era o único sen estudios superiores. A ti non hai máis que escoitarche falar para entender que formas parte dese grupo, ti só poste en evidencia. E para rematar un consello, varre diante da túa porta e percura a fidelidade dos que empregaches a dedo. Eu nunca precisei da axuda de gobernos nin alcaldes para atopar traballo. Se atopas alguén en toda a provincia de Lugo con mellor currículum que eu para impartir os cursos dos que me ocupo eu deixo a miña praza, ¿serveche? Seguro que che costa entender o que acabas de ler. Que cho expliquen. Eu sinto vergoña allea.