Imaxinación en Sober

La Voz

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

Os alumnos do colexio público Virxe do Carme idearon e escribiron o décimo capítulo de «Unha historia de Lemos»

03 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?n grupo de alumnos do colexio público Virxe do Carme , de Sober, escribiu o décimo capítulo de Unha historia de Lemos , continuando a experiencia promovida polo centro comarcal Terras de Lemos e La Voz de Galicia, na que participan numerosos centros educativos da zona. ? anterior capítulo do relato que comezou o escritor monfortino Lois Diéguez foi escrito polos alumnos do colexio público de Pobra do Brollón. Naquel episodio continuaban as aventuras da Eimer -unha moza da tribo de Marce- e dos seus compañeiros nunha Terra de Lemos mítica que loita heroicamente contra a invasión dos Ianqs ou Señores da Guerra. Nas últimas liñas, Eimer o seu amigo Cernún, montados no cabalo branco Bern, partían en busca do mago Fins. E así é como imaxinaron os escolares de Pobra do Brollón a continuación desta historia. ?Despois dun longo percorrido por terras de Brollón, chegaron ó concello de Sober e atoparon ó Mago Fins e ó príncipe David no ceminterio da igrexa de Lobios. Andaban todos atarefados na procura de follas e frores para elaborar unha pócima máxica coa que adormecer ós Ianqs. Mentres esto ocorría, os veciños de Pobra de Entrámbalas Dúas Augas tiveron un gran problema: unha enorme treboada estragara os seus cultivos e quedaron sen nada. Entón saíron na busca doutro lugar onde poder sobrevivir. Deste xeito atopáronse coas terras da Ribeira Sacra, e en especial con Arxemil onde se podían cultivar hortalizas e vides.Eimer, Cernún, o Mago Fins e o Príncipe David dirixíronse cara a Fonte das Bruxas, situada en Millán, e colleron a súa auga milagreira para darlla á Meiga de Domiz, chamada Proencia, e convertela nunha meiga boa que axudara ó Mago Fins.De camiño en busca da Meiga Proencia pasaron por Portabrosmos, pobo dos Ibios. Alí coñeceron a Xaminol, un ibio alto, forte e moi amable que quedou prendado de Eimer a quen agasallou cun xarro de Gundivós cheo de viño de Amandi. Cando Eimer o probou quedou namorada de Xaminol, que coñecía á meiga e decidiu acompañalos ata onde vivía no Buraco da Moura en Bolmente.Ata alí chegaron disfrazados de músicos, e despois de interpretar a melodía das meigas, ofrecéronlle a auga milagreira da fonte, que tiña a cor do viño de Amandi; de repente a meiga transformouse nunha fermosa dama chea de bondade, e acompañounos ata Proendos onde estaban as Penas do Cabalo que tiñan uns petroglifos onde se podía ler o conxuro máxico para derrotar ós Ianqs. Este dicía así: Moradelas e Lacadeiras/ Todas xuntas na caldeira/Durmide ós Señores da Guerra/ Que fan o mal na nosa Terra .Ó atardecer enviaron a Luma a Arxemil para comunicarlle-las boas novas, e que para celebralo organizaran unha festa en Cadeiras cos manxares da zona: a rosqueira Rosenda fixo moitas roscas, o veciño chamado Anllo levou mel, os veciños de Pinol trouxeron queixo, e para faceren a queimada os da Lampaza levaron augardente.De súpeto apareceu Bern, o cabalo branco, que lles traía unha nova...».