FOGONAZOLUIS DÍAZ | O |
14 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.NAS CUESTIÓNS relativas ó futuro do ferrocarril Monforte acostuma a xogar o papel do can do paisano, que nin comía nin deixaba comer. Paráronselle os pés a Renfe cando quixo facer unha variante ferroviaria coa idea de preservar os empregos de Renfe, e hoxe a estación é un apeadeiro. No AVE, ou o que esté a proxectar Fomento, habería que curarse en saúde. Xa se sabe, caldo, sopa e sorber, non pode ser.