Un percorrido pola cidade da arte

La Voz LA VOZ | OURENSE

LEMOS

PILI PROL

O Concello presentou o «Roteiro das esculturas urbanas de Ourense», elaborado por Afonso Vázquez Monxardín A publicación inclúe referencias de 50 pezas e tres itinerarios para visitar as obras

16 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A cidade de Ourense conta desde onte cun novo roteiro polos espacios públicos da mesma. A nova publicación, un Roteiro das esculturas urbanas de Ourense, foi presentada onte no Concello por Afonso Vázquez Monxardín, autor do traballo, o alcalde e o concelleiro de Cultura, Manuel Cabezas Enríquez e Aurelio Gómez Villar respectivamente. O roteiro inclúe referencias de medio cento de esculturas espalladas pola cidade e datos sobre as mesmas: autor, ano de instalación ou datas nas que se promoveu a creación das obras, algunha reseña histórica -nalgúns casos o movimento popular que as xenerou, outras algún feito salientable como a primeira vez que Otero Pedrayo falaba en galego logo da guerra civil (no 1949 na inauguración do monumento a Lamas Carvajal)- e outros datos salientables. Vázquez Monxardín agradeceu publicamente a confianza do Concello de Ourense «en Aira Iniciativas Culturais para facer este roteiro» e asegurou que a públicación «ven a propocionar un elemento máis dentro da posta en valor do que é un elemento de luxo: a arte que teñen os veciños de Ourense nas rúas da súa cidade». Cabezas lembrou que a política de levar a arte á rúa nacera dun convenio asinado en 1996 cos artistas da cidade e que o Concello ten intención de «seguir nesta liña porque neste proxecto téñese enmarcado fitos históricos para a cidade. Imos seguir e imos apostar pola xente nova, que está empezando, dándolles unha oportunidade». O alcalde salientou o importante número de obras de arte que o Concello instalou nos últimos anos na cidade.