Haití, ano cero

David Balsa

INTERNACIONAL

12 ene 2011 . Actualizado a las 02:00 h.

Jean Max Bellerive, o primeiro ministro de Haití, falábame nunha xuntanza da situación no país coma do «ano cero» dista nación caribeña. Unha expresión similar escoiteille tamén a Leonel Fernández, o presidente da República Dominicana, no noso xantar no cumio internacional de Punta Cana. Ista ex colonia francesa, independente dende 1804 tras derrotar os escravos insurrectos a dous exércitos enviados por Napoleón Bonaparte esta a afrontar unha situación extrema.

Aos 220.000 mortos e ás 1.200.000 persoas malvivindo baixo plásticos nos ateigados campamentos de damnificados espallados polo país mais pobre de Latinoamérica añadironse furacáns tropicais, unha mortífera epidemia de cólera e violencia política nas rúas. A ministra de Defensa, Carme Chacón, comentábame a sorpresa dos militares españois, que fixeron unha tarefa exemplar, pola destrución xeralizada atopada no país. En Nova York, na sede das Nacións Unidas, se traballa aceleradamente para impulsar unha reconstrución que conta con preto de 11.000 millóns de dólares.

Nembargante, Haití non é Holanda. As dificultades loxísticas e culturais son de primeiro orde: levantar unha ponte supón levar ata os tornillos dende o estranxeiro. Combater o cólera e entrar en vilas nas que lincharon a mais de corenta persoas baixo a acusación de facer vodú para envelenar o auga. Eu, con todo, aposto sen dúbidas por Haití.