Julio César Castro Marcote, director do parador de Muxía: «Aquí está a alma da Costa da Morte»

Confía en que la instalación, que abrió sus puertas a finales de junio, será un «faro» para el turismo de la zona

Castro Marcote en el Parador de Muxía
Castro Marcote en el Parador de Muxía

O parador da Costa da Morte semella un transatlántico que nace do seo da montaña muxiá de Lourido. Julio César Castro Marcote (Sardiñeiro, Fisterra, 1967) é o capitán desta nova nave, xurdida dos remorsos do Goberno polo naufraxio do Prestige e o abandono secular do Finisterrae atlántico. Castro Marcote mamou a vocación hostaleira no fogar natal, na Casa Lestón de Sardiñeiro, fundada en 1917 polos seus bisavós. Foi director dos paradores de Vilalba, Monforte e Santo Estevo de Ribas de Sil, e dende o 2008 do Hostal dos Reis Católicos. Agora emprende unha aventura esperada desde hai máis de tres lustros.

-Co naufraxio do Serpent chegou o primeiro faro electrificado de España, o de Vilán. É isto tamén un faro?

-Si, é coma un faro. Estamos todos os días saudando ao de cabo Vilán, que está enfronte, e a súa iluminación gústalles aos hóspedes. A xente de Muxía tamén nos di que isto é coma un faro, porque a iluminación nocturna é impresionante. A vila de Muxía cambiou a forma de mirar. Agora mira cara ao solpor da península. E tamén vai acabar sendo un faro para todo o turismo. O faro ten que selo para toda a Costa da Morte, para que todos traballemos no bo camiño e que o parador axude a levar unha dinámica correcta, unha boa atención aos clientes, que sexamos referencia en darlles a coñecer aos turistas a nosa Costa da Morte, que sexamos embaixadores. E que toda a hostalaría se acostume a facer o mesmo. Nese sentido, espero que sexa un faro para todos.

-Vostede formaba parte do persoal de Eurodisney cando se inaugurou en 1992. Eurodisney e este parador son dous espazos de soños...

-Obviamente. A min Eurodisney impactoume moitísimo. Iso foi o mellor e o máis importante impacto na miña traxectoria profesional posterior. O valor de Disney era moi similar ao de Paradores, atención ao cliente, o que pasa é que nós somos moi diferentes; a cultura americana e a cultura española, e a forma de ser dos americanos e dos españois, difiren. En Disney case todo era programado, case todo era estudado, era como un pouquiño irreal. Un mesmo tiña que dicir frases concretas e facer atencións concretas. En España, non: improvisamos, somos moi acolledores, podemos expresar a forma de acoller de moitas maneiras. En Disney estaban programadas ata as frases que se dicían.

-Onde aprendeu esa amabilidade que practica, nos múltiples cursos ou másteres ou na Casa Lestón de Sardiñeiro?

-Non, amabilidade nos cursos non. Nos cursos danche teoría. A amabilidade aprendina desde pequeno, de meus pais, de meus avós, porque foi como me criei. Meus pais tiñan que traballar, meus avós tamén, e nós tiñamos que pulular por alí, polo bar, cos clientes. A cultura do esforzo só se consegue así.

-Vilalba, Monforte, Santo Estevo de Ribas de Sil, o Hostal compostelán... Sempre entre paredes con historia. E aquí está na vangarda absoluta.

-Eu sabía que o parador de Muxía non tiña a historia que tiñan os outros que dirixín; no entanto, si que me preocupei por crear unha historia propia, algo que contar, que tivese carácter, que tivese espírito, alma, a alma da Costa da Morte, que non quedase nun edificio coma un hotel calquera.

-Co seu currículo terá coñecido a grandes persoeiros e terá múltiples anécdotas que contar.

-Tivemos anécdotas moi boas. Eu sempre digo que aos reis, don Xoán Carlos e dona Sofía, era un gusto recibilos. O persoal estaba encantado. Angela Merkel, por exemplo, é unha persoa superamable, faladora, que pregunta cousas de España, da comida, de viños, así que un queda impresionado. Unha persoa que compartía o bufete cos clientes, que quedaban impresionados.

-E artistas?

-Hai algúns que te sorprenden moi positivamente. En 1999 viñeron The Rolling Stones a tocar ao Monte do Gozo, e Mick Jagger aloxouse no Hostal. Saudoume moi efusivamente, acompañeino ao cuarto, viu os claustros e estívenlle explicando a historia, e cando entramos na habitación do Cardeal, que lle chamamos así porque na inauguración durmiu alí o cardeal Roncalli de Venecia -que catro anos despois foi nomeado papa-, viu o artesanado, a cama con dosel e esa galería típica galega cara ao Pedroso e quedou impresionado. Logo dixo: «Xamais na vida estarei nun hotel coma este, porque xamais podería durmir nunha cama na que durmiu un papa».

-Saberá moitos segredos tamén.

-Se os escribira seguro que tiña tres ou catro volumes, pero agora só te lembras dos que impactaron moito.

-Enfronte está a Virxe do Monte, aí abaixo, a Barca. Isto tamén vai acabar sendo un santuario?

-Si, é certo. O outro día dicíanmo medio de broma, pero pode ser. Un muxián díxome que xa estaba vindo máis xente ao parador que ao santuario da Barca.

Así se decoró el Parador de Muxía

patricia blanco

Diseños sencillos, tonos neutros y formas orgánicas sostienen el «Proyecto Natura»

Respirar el entorno, sentir la naturaleza, el aroma del mar, vivir su historia.... La decoración del Parador Costa da Morte de Lourido, en Muxía, se ha entendido como una prolongación del paisaje gallego y, particularmente, del paisaje de la comarca, del propio municipio y hasta de la ladera que acoge a este balcón sobre el Atlántico. Las plantas o las piedras que puede ver fuera tienen también representación dentro. La empresa gallega Sutega y el grupo Ramón García resultaron los adjudicatorios del concurso de diseño, decoración, fabricación y montaje del parador: para tal cometido formaron un tándem con muy buen resultado e implementaron en el complejo lo que han denominado Proyecto Natura, sostenido en ese espíritu de empapar al huésped de la realidad exterior en cada detalle. La idea va en sintonía con el respeto e integración de la propia arquitectura del parador en el entorno en el que se ubica. Todo quiere ser un homenaje a la tierra.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Julio César Castro Marcote, director do parador de Muxía: «Aquí está a alma da Costa da Morte»