Luís Villares: «Penso que triunfarán a madurez e a responsabilidade no caso Quinteiro»

Non dimitirá, nin sequera polos menosprezos e os insultos: «Non debo ser eu quen asuma os erros de terceiros»

;
Luis Villares: «Penso que trunfarán a madurez e a responsabilidade no caso Quinteiro» O voceiro de En Marea non pensa dimitir, nin sequera polos menosprezos e os insultos: «Non debo ser eu quen asuma os erros de terceiros»

santiago / la voz

O líder de En Marea trata de capear o temporal provocado polo incidente de Paula Quinteiro e, logo de pedir a súa dimisión, afronta a crise interna de En Marea sen perder a calma.

-Descansou estas noites?

-Como todas as noites, procuro descansar.

-Que opinión lle merece que Carmen Santos tachara de tolería a consulta aos inscritos?

-Creo que consultarlles ás persoas que nos trouxeron ata aquí calquera cuestión que teña relevancia política é algo de sentido común. Eu teño moita confianza na xente que confía na marea e paréceme a máis respectable das opinións.

-Pero ela di que ás bases se lles pregunta para asuntos políticos, non para xuízos na praza.

-É unha opinión.

-Non pensou en dimitir?

-Home, creo que non debo ser eu quen asuma os erros de terceiros. Cada un ten que asumir as súas responsabilidades e hai outras persoas que teñen que reflexionar sobre iso.

-As críticas, os menosprezos, os insultos... Non cansa?

-Levamos case dous anos, pero tamén con traballo moi prolífico no grupo parlamentario, e para min pesa máis iso que outra cousa, porque algúns viñemos á política para mellorar a vida da xente, xente que non coñecemos, que non pode expresarse, das mulleres maltratadas, dos precarios que non poden protestar, daqueles que están emigrados... Iso é o que nos move a continuar e todo o demais ten que ser secundario. Todo o que nos afaste desta tarefa ten que ser corrixido.

-Mesmo o vídeo...

-O vídeo cualifícase por si só.

-Martiño Noriega falou dunha incidencia menor. Pensa vostede o mesmo?

-Pode ser menor en termos policiais, pero ten a súa importancia política.

-Cre que se utiliza o caso Quinteiro para danalo a vostede?

-Se fose así sería lamentable, porque está en xogo a credibilidade do espazo. Somos a segunda forza política de Galicia e temos que centrarnos en dar mensaxes de esperanza e alternativas.

-Os alcaldes das mareas criticaron a xestión do caso.

-Creo que a mala xestión veu por parte de quen non asumiu as súas responsabilidades. Cada un ten que ser responsable dos seus actos, e cando un comete uns actos de forma individual o normal é que as responsabilidades as asuma de forma individual e non colectiva, non se debería desviar o foco sobre terceiros. Non nos representamos a nós mesmos, representamos a moita xente á que lle explicamos que nós defendiamos uns valores e unha ética, unha forma de estar na política, que rexeitabamos os privilexios e que non utilizariamos os cargos para cuestións privadas. Escollemos un camiño difícil, máis difícil que o resto das formas políticas, e iso imponnos unha autoesixencia ética e política, e agora temos que responder e non podemos decepcionar á xente á primeira de cambio; nin á primeira nin á segunda.

-Ela falou con vostede?

-Non, non tivemos ocasión. Falamos, pero no conxunto do grupo parlamentario.

-Dixeron que como voceiro do grupo non debía dar a súa opinión persoal do caso Quinteiro.

-Un voceiro pode facer declaracións tamén a título persoal. Evidentement,e o que ten que aclarar é que son a título persoal. O parecer maioritario do grupo xa quedou claro nun comunicado, pero creo que a cidadanía ten dereito a saber o que penso eu, que son tamén un representante público e a xente tamén depositou a súa confianza en min.

-A consulta farase independentemente do que ela decida?

-Eu o que fixen foi poñer sobre a mesa unha proposta. Se hai unha tensión entre o grupo parlamentario e o espazo político e a situación está enquistada, hai que decidir quen ten a razón, e penso que sería unha boa solución confiar en quen nos puxeron aquí, os inscritos. Pero teño esperanza en que isto se solucione antes, penso que triunfarán a madurez e a responsabilidade no caso Quinteiro.

-Entón non é seguro que se vaia facer a consulta...

-Se ela asume as súas responsabilidades, non ten sentido.

«O grupo non vai romper porque temos intereses comúns: traballar pola cidadanía»

-Santos cualificou a Quinteiro de boa traballadora.

-Eu non teño queixa do seu traballo parlamentario.

-A tensión rachará o grupo?

-Claro que hai tensión, non vai habela! Non, o grupo non vai romper por unha razón: porque estamos aquí por intereses comúns, para traballar pola cidadanía, e somos máis eficaces se estamos unidos. Iso é a unidade popular. En Marea nace da diversidade: xa sabiamos que eramos diferentes e non coincidiamos en todo. Cultivamos o que temos en común e deberiamos deixar as diferenzas para fóra do horario de oficina. É unha fórmula de éxito que a xente premiou electoralmente.

-Hai discrepancias territoriais con Podemos.

-Hai un punto de encontro: acreditar un proxecto democrático galego baseado na xustiza social. Independentemente do que cada un pense da forma do Estado, estamos de acordo en que hai que defender unha vivenda digna, acabar coa pobreza enerxética... O día que xa o teñamos todo feito, pois xa falaremos, pero queda moito que andar... Aínda que eu preferiría que fose máis rápido, que se consolidase o espazo de cambio.

-Repetiranse as alianzas con Unidos Podemos?

-Estou seguro de que o mellor para o cambio político é a unidade, e temos moitas tarefas pendentes: a sanidade pública, a política social... Entendemos o país como unha gran familia que non deixa a ninguén detrás. Como non tivemos posibilidade de gobernar ata agora, o que facemos é darnos a coñecer como alternativa política e estou seguro de que no 2020 imos ter a confianza de moita xente que non nos coñecía.

«En Marea colleu o nome dos movementos sociais e inclúe a todos, tamén a Podemos»

-Comparte que Podemos esixa levar a súa marca nas papeletas?

-Sempre me pareceu un debate secundario. Creo que é importante que o nome abarque a todo o mundo e que todo o mundo se sinta representado. Creo que a fórmula En Marea tivo moito éxito porque colleu o nome dos movementos sociais e porque inclúe a todos, tamén a Podemos. Nada hai máis amplo que a representación dun clamor social transversal, e iso é En Marea.

Los parlamentarios críticos reprochan al portavoz que pidiese la dimisión de la diputada

El grupo parlamentario de En Marea se reunió ayer para preparar el pleno de la próxima semana y los diputados críticos con Villares y que apoyan a Quinteiro le reprocharon al portavoz que se pronunciase públicamente sobre el caso y que pidiese la dimisión de la diputada podemista. Entienden que como representante del grupo debería limitarse a comunicar lo que acordó la mayoría; es decir, la permanencia de Quinteiro. Solo dos diputados votaron a favor de su marcha, y el propio Villares se abstuvo.

El PP de Santiago pide la reprobación de la parlamentaria y que el alcalde diga a quién protege

J. C.

El grupo municipal del PP en Santiago ha presentado una moción para que en el próximo pleno se haga una defensa expresa del trabajo de la Policía Local y una reprobación de la actuación de la diputada Paula Quinteiro, «que fixo gala da súa condición de parlamentaria para apoiar a un grupo de mozos que presuntamente romperon os espellos de varios coches». El portavoz popular, Agustín Hernández, expresó su deseo de que en el pleno se pueda comprobar «con quen está Martiño Noriega [Anova-Compostela Aberta], cos que sufriron o vandalismo desas persoas ou cos seus amigos de Podemos».

El secretario general del PPdeG, Miguel Tellado, también incidió en la crisis de En Marea, asegurando que «huele a golpe de Estado contra su portavoz», y propuso que, igual que las bases del partido someterán a votación la continuidad de Quinteiro, también deberían opinar sobre la continuidad de su portavoz.

Actúa Galicia ataca a Podemos

A Villares sí le ha salido un apoyo desde la dirección de Actúa Galicia, el partido promovido por Baltasar Garzón y Gaspar Llamazares. Su rama gallega ha mostrado su respaldo al portavoz de En Marea y su «repulsa» a la postura de Carmen Santos defendiendo la «irresponsable» actuación de Quinteiro, que ayer participó en el Parlamento en la comisión de igualdad. El portavoz autonómico, Carlos Armada, que hasta hace unos meses mantuvo una postura dentro de Podemos muy crítica contra la dirección, reclama la dimisión de ambas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
12 votos
Comentarios

Luís Villares: «Penso que triunfarán a madurez e a responsabilidade no caso Quinteiro»