Gómez Besteiro: «Toda a xestión de Feijoo na Xunta tradúcese en 'a culpa non é miña'»

Domingos Sampedro
domingos sampedro SANTIAGO / LA VOZ

GALICIA

Gómez Besteiro asegura que el PSOE está en condiciones de mejorar los resultados en Galicia en las próximas municipales.
Gómez Besteiro asegura que el PSOE está en condiciones de mejorar los resultados en Galicia en las próximas municipales. pradero< / span>

Sostén que o PSOE non gasta un segundo a valorar a gran coalición co PP

28 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Empezou a militar no PSOE con 25 anos e, con 31, Gómez Besteiro (Lugo, 1967) converteuse en concelleiro do primeiro Goberno de Orozco en Lugo. Aos 39 acadaba a presidencia da Deputación de Lugo, enterrando o cacharrismo, e agora apunta xa cara a Xunta, aínda que polo camiño ten varios procesos electorais, empezando polas municipais.

-¿Como se presenta o ano electoral do 2015

-Nós vamos a estar moi centrados no acercamento aos cidadáns, imos a ir absolutamente de cara a diferenza doutros partidos, que parten con ese precedente falido de modificar a lei electoral para aferrarse ao poder. O balance do PP é moi pobre, a súas maiorías absolutas non lle serviron para nada á xente.

-Dixo que o PP non vai a repetir o tsunami do 2011, ¿haberá entón tsunami socialista?

-Vamos a traballar para que sexa así, porque os cidadáns empezan a xirar a súa mirada cara o Partido Socialista, a escoitar a súa mensaxe, e iso tense que traducir nunha campaña de moita proximidade. E un, que nestas cousas xa peitea canas, o que lle pide ao PP é que a campaña sexa limpa.

-¿Que lle indica que a campaña pode ser sucia?

-Bueno, eu pídolle ao PP campaña limpa, porque non é nin a primeira vez nin a segunda na que proliferan as acusacións falsas e os anónimos, cando os cidadáns o que merecen é unha campaña para falar de contidos.

-¿Está o PSdeG en condicións de acadar de novo a alcaldía de tres das sete cidades?

-Estamos en condicións de mellorar os resultados, e o que nos ten que obsesionar é que os cidadáns, que volven a prestarnos atención, entendan que as cousas que dixemos eran certas, que non pode haber recuperación económica sen recuperación social.

-¿A que se debe tanto interese por falar dunha gran coalición entre PP e PSOE?

-Non o sei, dende logo a gran coalición non ocupa nin un só segundo na axenda do Partido Socialista, así que só lle pode interesar a quen cre que saca réditos electorais con iso.

-¿E o pacto de Vigo para salvar ao Goberno de Abel Caballero, non foi unha gran coalición?

-As coalicións son as que conforman gobernos, non os apoios puntuais sobre calquera iniciativa nun concello. Insisto, o PP e o PSOE son como auga e aceite.

-¿Coalición co PP non, pero política de grandes acordos si?

-Eu propúxenlle a Feijoo hai un ano toda unha serie de asuntos que tiveron o non por resposta. Eran temas de país, como a crise demográfica e a reindustrialización, o financiamento autonómico e o compromiso coa lingua galega, pero non asumiu a responsabilidade sobre nada, porque toda a súa xestión de Feijoo na Xunta tradúcese en ?a culpa non é miña?. Primeiro botoulle a culpas a Zapatero e ao bipartito; logo a Almunia, e acabará por botarllas tamén á oposición. Hai que ser máis serio e menos frívolo. Comprenderá que é moi difícil acordar algo con quen di ter todo solucionado, todo arranxado.

-¿Qué lle parece que os gañadores das primarias na Coruña, Ourense ou Santiago asumiran o compromiso de non levar imputados nas súas listas?

-Paréceme ben, teñen a responsabilidade de elaborar as listas, pero iso non exclúe outras posibilidades.

-¿Non cre que iso limita máis o cartel de Orozco, que está imputado en varias causas?

-Non, porque a capacidade de Orozco visualizouse na posibilidade de que houbera outro candidato nas primarias, que non o houbo, e por tanto Orozco está con todos os seus dereitos intactos, e máis aínda cando pasa o tempo e van perdendo peso algunhas cuestións xudiciais.

-Aínda non lle oín dicir que pon a man no lume por Orozco.

-Dixen claramente que confiaba na súa inocencia, se iso non é poñer a man no lume, que baixe deus...

-¿Acompañará de novo a Orozco na lista de Lugo?

-En fin, iso aínda... cando tome unha decisión será baseada en dous principios, na compatibilidade do posto na Deputación coa secretaría xeral do PSdeG e na coherencia co que veño dicindo dende hai tempo.

-¿E cre que é compatible?

-Farei unha análise diso e comunicareino en público.

-¿Esgotouse cos 8 anos o seu ciclo na Deputación?

-Sempre quedan cousas por facer, iniciativas por desenvolver, pero é certo que hai retos que se van cumprindo e que se corresponden con ciclos na política.

«Quen intente reabrir a cuestión do liderado federal do PSOE, vai a saír penalizado»

Besteiro repasa a situación do PSOE logo da súa renovación.

-¿É dos que da por consolidado o liderado de Pedro Sánchez?

-Si, e vexo que está consolidado non só entre os militantes, senón na sociedade, porque traslada unha forma diferente de facer política, interpelando directamente aos cidadáns, sen complexos, e iso é bo porque hai moitos acomplexado na política que deberían estar fóra.

-¿Entón sería un erro reabrir o debate sobre o liderado?

-Son debates estériles, porque quen intente reabrir a cuestión do liderado vai a saír penalizado, vaise a atopar co profundo sentido común dos militantes e dos cidadáns. Hai só cinco meses que eliximos un secretario xeral.

-Pois á presidenta andaluza, Susana Díaz, ninguén a descarta para loitar pola Moncloa...

-Pedro Sánchez xa dixo que se ía a presentar ás primarias para ser candidato, e si hai outra persoa, unha muller, que queira dar un paso á fronte hai que vivilo con absoluta normalidade. Temos que deixar que a democracia flúa, tan lexítimo é que se presenten varios candidatos como que o faga só o secretario xeral.

-¿E vostede, vai presentarse para ser candidato á presidencia da Xunta?

-Aínda teñen que pasar as municipais, pero a miña previsión, sen dúbida, é competir nese proceso e presentarme ás primarias. En todo caso, é algo que non me xera ningún tipo de ansiedade.

-¿Cando dixo que Feijoo conseguiu que se falara menos galego que con Franco, non se lle foi un pouco a man?

-Todos os galegos temos a percepción de que se fala menos galego e, sobre todo, que hai interese en que se fale menos galego. Fraga, que foi un franquista, penso que quería moito máis a Galicia a ao galego que Feijoo, que non acredita na potencialidade da nosa lingua.

-¿Non me dirá que o PP ten unha axenda oculta contra o galego?

-O que si ten é un desinterese absoluto pola súa promoción. O galego é una cuestión transversal de Goberno, pero iso non forma parte da axenda de Feijoo. Todos vemos que hai moitos conselleiros que se senten máis cómodos vivindo en castelán, pero son Goberno de Galicia, e débense á historia e, sobre todo, ao futuro tamén da nosa lingua e cultura.