«David Cal é unha persoa totalmente transparente. Non se lle pode atacar»

La Voz

GALICIA

Co traballo por facer noutras moitas candidaturas da provincia, a de Telmo Martín en Pontevedra, xa pechada, tense convertido nunha das máis comentadas pola incorporación do medallista olímpico David Cal. Irá de número cinco. «David Cal é unha persoa totalmente transparente. No se lle pode atacar por ter tomada unha decisión», reivindica Rafael Louzán, fronte ás críticas espertadas dende o Bloque Nacionalista Galego por «mercadear co deporte».

Segundo Louzán, a fichaxe de Cal conectará coa cidadanía, e asume que o deportista terá que compatibilizar a súa faceta política co adestramento de cara ás próximas olimpíadas. Rafael Louzán minimiza a falla de experiencia política do deportista e asegura que é o momento de «achegar a política á cidadanía», e así interpreta a fichaxe de David Cal por Telmo Martín.