A doutora Carme García Negro dirixiu ó grupo de personas que adicou tres anos a desentrañar a complicada «telaraña» que a pesca tecíu en Galicia
14 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.O estudio que Carme García Negro e os seus colaboradores van publicar neste mes evidencia que a pesca en Galicia é un dos pilares que sustentan a súa economía, xa non tanto polas súas magnitudes económicas como pola súa capacidade de provocar crecementos noutros sectores. Nun período de cinco anos, o sector ampliou a súa telaraña ata atrapar a no seu proceso de producción a 54 dos 74 sectores económicos identificados en Galicia. -Iso tradúcese... -Tradúcese en que calquera incremento ou retroceso na pesca ten un reflexo nos outros sectores económicos. O pouco que lle afecte á pesca ten repercusión en moitos sectores da economía galega. -As táboas, por tanto, reafirman á pesca como sector estratéxico en Galicia -Sí, pero non hai máis que ver a dinámica demográfica. Non é casual que o 65% da poboación das tres provincias marítimas galegas esté asentada na costa. -¿Co seu estudio pódese calcular o alcance económico do desastre do «Prestige»? -O estudio é unha arma que, nun intre coma iste, se pode empregar para facer un relatorio de tódolos declives que pode haber na renda galega, pero dar unha cifra agora é imposible, porque aínda non estamos ante o escenario definitivo. Falta unha variable fundamental, que é a do tempo e dar unha cifra sería incurrir en irresponsabilidade. -Pero a cifra será alta. -Sen dúbida. Pero cifras aparte, o desastre veu truncar un proceso de organización e de perfeccionamento en sectores como o marisqueo ou a miticultura que influíron moi positivamente no crecemento do sector... e iso non se paga con diñeiro. Ademais, a catástrofe producirá marxinación e desestructuración social en vilas altamente dependente da pesca e sen apenas tecido industrial. Se en EE.??UU. un desastre no que morreron 2.000 personas necesitaron psiquiatras e psicólogos, nun país como o noso o desastre causará unha especie de depresión social que levará a moitos a perder a autoestima. -¿Non hai salvación? -Non podo decilo. O que está claro é que a pesca galega é un sector con capacidade de innovar, sobre todo á hora de incorporar as novas tecnologías á detección, información, seguridade a bordo, comunicacións e que sabe buscar novos recursos en técnicas de mercado. Pero o Prestige tocou a liña de flotación.