Catuxa Salom, sobre su primeiro LP: «Son unha mestura de moitas cousas e creo que 'Caldo' é o resultado do que son eu»

FUGAS

Catuxa Salom, en un concierto en A Laracha en junio del 2024.
Catuxa Salom, en un concierto en A Laracha en junio del 2024. ANA GARCÍA

La artista nacida en Vilagarcía con raíces argentinas presenta este viernes en el teatro Jofre de Ferrol su primer dico en solitario

14 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Con raíces arxentinas e nacida en Vilagarcía, Catuxa Salom di que ela mesma é «unha mestura de moitas cousas». A artista vai presentar este vernes no teatro Jofre de Ferrol o seu primero LP, Caldo. «É o resultado do que son eu», coma sucede coa súa música, que vai desde o folclore galego ata os ritmos latinos, pasadon pola electrónica ou o rap.

 —Como te sentes ao sacar o teu primero LP en solitario?

—Se me chegan a dicir, hai un ano ou dous anos, que vou facer un disco, pois digo que non é verdade. Pero o primeiro EP. Nunha aldea, tivo tanto bo acollemento, aquí en Galicia sobre todo, que me lancei sen dubidar a polo LP de Caldo.

—Por que decidiches apostar por esa mestura de estilos e ata de idiomas que te caracteriza?

—Creo que a miña prioridade como artista e persoa que se dedica a música é non perder en ningún momento a miña esencia, ser fiel á miña esencia. Si que é certo que na miña vida hai moitos idiomas constantemente, dunha maneira bastante natural, a miña familia arxentina. Entón hai como algo en min que é coma que son unha mestura de moitas cousas e creo que o resultado é o que son eu, que é unha mestura de idiomas, de raíces...

—Viviches en moitos países e en Madrid, cal foi a razón para volver a Galicia?

—Xa sabes, pandemia, reflexiones moitas cousas... Eu xa me dedicaba á música a Madrid, pero te das de conta de que se volveu un pouco insostible. Sempre estivo no meu imaxinario volver a Galicia, pero quería volver cunha aposta forte, que era ir ao rural, por unha aposta máis social e política. Acabei coas amigas na Pontenova, logo nos separamos e agora vivo na zona da Ulloa, no corazón de Galicia.

 —Precisamente un dos temas que tratas en Caldo é o choque de darte de conta de que a vida na aldea non é tan bonita como parece, como foi ese proceso?

 —É un traballo sobre a desromantización do rural, de que te das de conta de que o discurso de que vivir na natureza, vivir nunha aldea, por si só non se sostén para nada. Ao final, o importante é a rede que creas, que creo que nas cidades hai unha tendencia ao mellor mais individualista. E aquí é imprescindible tecer esa rede, ter contacto con todas as veciñas, conseguir coñecer xente sempre. E aí é onde me dín de conta de que o rural, o que ten é esa conexión entre as persoas que aínda temos.

 —Que é o que buscas transmitir con Caldo?

—Busco bailar, desfrutar, sobre todo. Un intercambio das miñas raíces constante, pero sempre asegurándome que sexan ritmos bailables e desfrutores, neste disco, sobre todo. E busco, pois, unha mirada tamén social para dentro, política, unha reflexión un pouco mais que simplemente música.

—Unha reflexión en que sentido?

—Por exemplo, a importancia de tecer esa rede entre as persoas, dos coidados, de ir un pouco máis alá das relacións románticas de parella e buscar tamén esas relacións nas amizades. A importancia das amizades.

—A música de raíz e a mestura de estilos co folclore pasa por un bo momento, por que cres que é?

—Como socióloga, non podo evitar analizalo e creo que é unha resposta totalmente natural a unha tendencia social bastante individualista e, dentro de todo este maremoto de scroll, de TikTok e Instagram, porque vivimos moito nas redes, pensas ¿quén son eu?. Entón, hai unha reflexión de mirar cara adentro e te das de conta de que a túa raíz, a túa toma de terra é a túa música, o teu folclore, a túa maneira de transmitir. Entón, vexo que unha resposta social totalmente normal e que está pasando en todas as partes do mundo.

—Que vai a topar o público nos directos?

—Vai atopar moito teatro, moito xogo, moito intercambio co público. Vai atopar risa, vaia topar desfrute, vai atopar ritmos que non esperaban, instrumentos totalmente eclécticos. Eu creo que é un directo moi desfrutón. Eu noto que a primera reacción da xente é pensar 'que é esto?'. Pero logo, a medida que vai sucedendo o directo, noto que van cambiando as súas caras e van sorrindo, van bailando e ao final, pois, conseguimos ese intercambio de culturas e desdrutar, ao final é desfrutar.

—Por que elexiches Ferrol para presentar o disco?

—Queríamos facer unha aposta por un teatro e, na miña opinión, o Jofre é un dos teatros máis bonitos que ten Galicia e quería que fora especial, a verdade.

 —Tamén fixeras teatro e ata esrudaste arte dramático, non?

—Si, eu me dediquei tamén á interpretación, estudiei arte dramático, teatro, e bueno, o levo inevitablemente en min. Estou na miña zona de confort no teatro, teño que recoñecer me guta. Sentes moito ao público, hai un feedback constante.