O mal fronte ao espello


Non hai posibilidade de definir o mal. Para Zygmunt Bauman, todo aquilo que cualificamos como malvado vén sendo ese tipo de elemento negativo que non podemos entender nin definir con claridade. Pero o mal vive con nós. Ou mellor: dentro de nós. Queremos comprender por que os nazis idearon unha matanza de seis millóns de xudeus, homosexuais e xitanos; preguntámonos pola raíz da frenética violencia do xenocidio de Ruanda, cando en tres meses foron masacradas máis de medio millón de persoas. Ocorre que os especialistas seguen buscando respostas a ese mal maiúsculo porque matamos en nome dun mito, dun territorio ou dunha ideoloxía. E porque en termos cuantitativos, o asasinato por motivos persoais é unha insignificancia.

O psiquiatra Santiago Lamas, autor de ensaios fundamentais como Galicia borrosa (2004), Ferrín e outras historias (2007) ou Fisterras atlánticas (2012), guíanos polos territorios do mal cun texto brillante de principio a fin que dialoga coas fontes máis sobranceiras na materia, entretecendo un feixe de referencias ás que debemos acudir para entendermos un concepto capital da relixión e do pensamento de teólogos e filósofos. A esta análise súmalle un estimulante estudo sobre o islam e os terroristas suicidas, toda vez que o xihadismo se converteu nunha das expresións máis enérxicas da malignidade contemporánea.

Volvamos á fantasía da súa definición: podemos achegarnos, pero a complexidade do mal sempre nos sorprende cun xiro inesperado.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O mal fronte ao espello