Onde vas, Tarantino?


O mesmo Tarantino que nos fascinou con Pulp fiction e outros filmes, literalmente destarantinounos co sopor de Os odiosos oito. Son  cousas que pasan nas mellores familias. Mais nós críamos que Tarantino non era desa estirpe creativamente tarambaina. Por iso eu lamentei tanto o sono que aturei no cine vendo a estes oito odiosos que me fixeron pensar que non era unha película del, senón a dun mal imitador que copiara a súa violencia e algúns dos seus fermosos diálogos Os odiosos oito é a oitava película de Tarantino. A oitava das doce que prevé rodar, para retirarse, como ten dito, aos 60 ou 65 años (naceu en marzo de 1963). Quédanlle por rodar, xa que logo, outros catro filmes que, sexan como sexan, non poderán borrar a súa singular e fonda pegada no cine desde que, en 1994, presentara Pulp fiction, unha obra perfecta. Está escrito que así será, atine ou fracase no futuro. Porque Tarantino é xa imborrable, inesquecible, indispensable e incomparable? Neste sentido, Os odiosos oito non é máis que a película que o humaniza e retrata coas súas grandezas e limitacións. Qué cambiou con esta obra? Nada, e isto é o asombroso. Porque en todo o filme está moi presente Tarantino, recoñecible en cada escea, aínda que irrecoñecible na falta de grandeur do conxunto. Gustáronme moito os diálogos, os xiros dramáticos e as caracterizacións, pero non que todo fose xirando cara a unha obra que xa rodara hai máis de vinte anos: Reservoir Dogs (1992). Comezaba a pasarlle a Tarantino como a Woody Allen, que xa non logra igualar os éxitos de Annie Hall, Manhattan ou Hannah e as súas irmás? Non. Os límites de Tarantino aínda non están escritos, porque a súa capacidade de innovar é enorme. Os seus xogos coa violencia extrema non impiden que o resultado estea cheo de humor. De feito, consegue combinacións moi chamativas de elementos aparentemente inconciliables, como sucede en Pulp Fiction, Kill Bill, Malditos bastardos ou Django encadeado. ¿Qué pasou con Os odiados oito? Que queríamos máis e que agardábamos algo distinto. Tarantino fiouno todo a unhas interpretacións maxistrais que avanzaban cara a un final sorprendente? que esta vez non nos sorprendeu. Porque nesta obra o final víamolo vir, porque respondía a unha lóxica demasiado predicible. Unha mágoa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Onde vas, Tarantino?