1. O seu mellor momento para a lectura. Á mañanciña, sobre todo as fins de semana.
2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Suxestións de amigos lectores e preferencias temáticas.
3. Que lle achega a lectura? Sobre todo coñecemento. Hai libros que me axudaron a cambiar aspectos da vida.
4. Os seus libros favoritos. La cura Schopenhauer, de IrvinYalo; El Quijote; Juegos para actores y no actores, de Augusto Boal; El poder de elegir, de Annie Marquier.
5. Un xénero literario. O ensaio.
6. Un personaxe e un espazo literario. Siddhartha, de Herman Hesse, e o espazo de Un mundo feliz, de Huxley.
7. Que está a ler agora? Los renglones torcidos de Dios, de Torcuato Luca de Tena, e releo La vida es danza, de Hilda Wengrower y Sharon Chaiklin .
8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Castelao e Virginia Woolf.
9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? A música, o cine, a cociña, as miñas relacións persoais e os soños. Agora deume pola calceta!
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O complexo dunar de Corrubedo: o Vilar e lagoas de Carregal e Vixán. Non é pouco!